Festina Lente é unha locución latina cuxa tradución literal é “apresúrate lentamente”.
Esta peza busca unha reflexión do momento presente nun mundo no que a pel-pantalla coloniza as nosas relacións. Corpos multitarefa, corpos cansos, corpos expostos, corpos saturados polos mecanismos dun tempo que non entende de pausas.
Preguntámonos se é posible o encontro, mirar iso que non se ve, entrar e parar. Preguntámonos como deixar xurdir novas realidades fóra dos remuíños do capitalismo que devora, cada vez máis, a corporalidade. Preguntámonos polas estratexias dos corpos para lograr permanecer xuntas fronte á alienación.
VACAburra é o resultado da colisión de dúas creadoras cunha ampla traxectoria, Andrea Quintana e Gena Baamonde, que unen as súas inquedanzas nun proxecto común que xira ao redor da creación escénica e coreográfica en clave contemporánea. Crean Metodoloxías Carroñeras para Corpos Invertidos, conferencia performativa; O raro é que bailar sexa raro, solo de danza que reflexiona sobre a diversidade corporal; Extravíos, peza de rúa cunha “ukestra” de ukeleles e Festina Lente, coprodución co Centro Coreográfico Galego. VACAburra quere achegar a todos os públicos a diversidade sexual atendendo aos posibles corpos e identidades. Busca fomentar una mirada interseccional e transfeminista da realidade social que nos atravesa e utilizar as artes escénicas como vía de sensibilización coa que impulsar a reflexión e o diálogo.
Andrea Quintana / Gena Baamonde
650 068 540 / 654 146 401
info.vacaburra@gmail.com
www.vacaburra.com
Autoría: VACAburra
Dirección: Andrea Quintana e Gena Baamonde
Coreografía: Andrea Quintana
Interpretación: Clara Ferrao e Andrea Quintana
Música: Menina Arroutada e Andrea Quintana
Arranxos sonoros: Les Silva
Iluminación: Violeta Martínez
Vestiario: Gena Baamonde
Produción executiva: Atenea Fernández
Coprodución co Centro Coreográfico Galego-Agadic, en residencia na Sala Ártika de Vigo e co acompañamento de Galicia Danza Contemporánea.
Todos os públicos
Danza
50 minutos
Instagram
Teaser 1
Teaser 2
Crítica por Bañera. Onde estamos cando estamos Xuntas?