Na excelente novela La carne, de Rosa Montero, hai escondida unha pequena xoia. Trátase da historia imaxinaria de Josefina Aznárez, personaxe maiúscula, apaixonante, máxica, desas que aparecen moi de vez en cando, pero que che quedan cravadas para sempre. Josefina é unha  personaxe maldita, unha invención desgarrada e dolorosa da condición de ser muller. Esa muller ben podería ser Hildegarda de Bingen, María Lejárraga ou George Sand. O seu destino crúzase un 3 de novembro de 1893 coa explosión e posterior traxedia do vapor Cabo Machichaco. A partir de aquí, é Laila Ripoll quen escribe este monólogo. Josefina entra nas sombras e desaparece para converterse en pantasma, en mito, en carne de escenario. Para non desaparecer nunca.

Este caballero incierto é unha homenaxe a esas mulleres valentes, silenciadas e esquecidas. El caballero incierto trata de nós e do noso lugar no mundo.

Unha produción de Teatro Español, Come y Calla e Silvia de Pé.

Esta produtora-distribuidora nace no ano 2005, creada por mozos e mozas  profesionais do ámbito teatral de Madrid, con ampla experiencia en producións privadas e públicas. O interese por traballar e afondar en manifestacións culturais próximas ás súas inquedanzas lévaos a crear este proxecto, articulado dunha maneira rigorosa e respectuosa coa realidade teatral actual.

Contratación

Elena Millán Capote
665 256 878
programas.culturales10@gmail.com

Luns 6 Salón Teatro 11.30 h

Autoría: Laila Ripoll, baseado nunha personaxe da novela La carne, de Rosa Montero
Dirección: Alberto Castrillo-Ferrer e José Recuenco
Idea orixinal: Silvia de Pé
Escenografía: Ana Tusell
Iluminación: Juan Gómez Cornejo
Son: David Angulo
Vestiario: Arantxa Ezquerro
Música: David Angulo
Elenco: Silvia de Pé

Adulto
Teatro
90 minutos

Descargas Enlaces

madridesteatro.com