Divertimento! achégase ao público familiar dende a música clásica, o humor e a creatividade para nos adentrar na senda da cultura e das artes como vías cara á diversión e o lecer de calidade. A música de Mozart condúcenos, en clave de clown, polas relacións humanas, poñendo en valor as diferenzas como unha oportunidade para medrar dende o grupo.
Un cuarteto de cordas acepta un novo membro para unha representación, sen saber que o invitado non posúe as mesmas calidades como intérprete. O que nun principio provoca rexeitamento e xuízo muda en empatía e transixencia, xerando unha nova harmonía, permitíndolles rirse dos protocolos arcaicos e da aparente excelencia que rodea a música clásica.
Colabora: Departamento de Acción Cultural-Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
N+1 xorde en 2019 da man de Alfredo Pérez, unha referencia no mundo do teatro xestual, a danza e o clown en Galicia. Este intérprete caracterízase pola súa multidisciplinariedade e a diversidade de proxectos nos que participou ao longo da súa carreira.
Vén acompañado nesta ocasión polo Cuarteto Alicerce, sólido conxunto de cordas unido por unha amizade xestada a través dos anos, articulada a través do repertorio que deciden afrontar e o xeito de facelo: música para cuarteto dos períodos clásico e primeiro romanticismo europeos interpretada con instrumentos encordados en tripa.
Alfredo Pérez
658 359 289
info@enemaisun.net
https://enemaisun.net
Autoría: N+1 e Cuarteto Alicerce
Dirección: Alfredo Pérez Muíño
Escenografía: N+1 e Cuarteto Alicerce
Iluminación: Dani Pais
Son (voz en off): Carlos Sante
Vestiario: N+1 e Cuarteto Alicerce
Música: Wolgfang Amadeus Mozart (interpretada polo Cuarteto Alicerce)
Elenco: Jorge Montes, Roberto Santamarina, María José Pámpano, Carlos García e Alfredo Pérez
Familiar
Música e clown
45 minutos
- Fotografía (por Manuel G. Vicente / Cidade da Cultura de Galicia)