Carmela debe realizar un traballo sobre a tradición castrexa e as mouras para a escola. A súa familia resolve todas as súas actividades coa tecnoloxía: as relacións, a alimentación, o estudo… Porque o seu lema é: “unha vida tecnolóxica é unha vida ordenada”. A inesperada chegada do avó Eldemiro á casa abriralle unha xanela a Carmela para descubrir, en primeira persoa, a lenda mitolóxica da moura e volverá conectar toda a familia cun mundo real que xa lle era totalmente alleo.

Desconexión é unha distopía que aborda a dependencia de estar conectados sobre a que se constrúen neste tempo as nosas vidas e pon de manifesto a necesidade, especialmente na infancia, de conectar co contorno e co humano.

Títeres Alakrán nace no ano 2003 a cargo do monicrequeiro, escultor e actor Borja Insua, referente do teatro de monicreques en Galicia. Construtor e manipulador de monicreques, actor e creador, Borja Insua desenvolve na súa compañía espectáculos propios que abranguen distintas técnicas (luva, variñas, sombras chinesas, fíos) e xéneros, tanto para nenos coma para adultos.

A compañía ten en cartel unha ducia de espectáculos: Circo Galaico, Os soños na Gaiola, Barriga Verde, Pequeño Kabaret de Tolos, El Retablillo de Don Cristóbal, Finisterrae: O último ultramarinos, que participan habitualmente en numerosos festivais internacionais: Arxentina, México, Chile, Italia, Cuba…

Contratación

Borja Insua Lema
616 450 490
borxainsua@gmail.com
https://titeresalakran.wordpress.com/

Luns 6 Teatro Principal 16.30 h

Autoría: Borja Insua Lema
Dirección: Jorge Rey e Manu Mansilla
Adaptación: Borja Insua Lema, Alba Grande, Jorge Rey e Manu Mansilla
Escenografía: Borja Insua Lema
Iluminación: Jorge Rey e Manu Mansilla
Son: Raúl Giraldo
Vestiario: Manu Mansilla
Música: Luis Iglesias
Elenco: Borja Insua e Alba Grande

Familiar, a partir de 5 anos
Monicreques
45 minutos

Descargas Enlaces

Obra completa
Vídeo promocional