A través do humor, un grupo de activistas organizadas por comandos ataca as múltiples manifestacións da violencia sexista e cuestiona a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual. Mulleres preparadas para as encomendas máis perigosas levan a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión: crear unha rede de comandos a nivel mundial para espertar as conciencias sobre a importancia da igualdade dos dereitos e deberes sociais entre ambos xéneros, tanto no ámbito público coma no privado. Comando Comadres rende homenaxe a todas as heroínas de a diario, ás mulleres invisibilizadas, á historia oculta do noso pasado.

Matrioshka Teatro nace da man de tres actrices para facer un teatro onde as intérpretes están no centro da creación. Apostamos por linguaxes mesturadas que transitan entre o teatro máis clásico e o contemporáneo. Creamos dramaturxias a pé de escena sen deixar de lado unha estética coidada, o sentido do humor, a frescura e a naturalidade dun diálogo aberto co público. Facemos un teatro que amosa de onde vimos e nos orienta cara a onde imos. Alimentámonos do legado das xeracións que nos precederon, repousamos o vivido e tratamos de compartilo coas persoas que están pensando nas que virán. Mulleres que loitan, mulleres que acubillan, así como nós fomos acubilladas por outras.

Contratación

Anabell Gago
654 598 430
matrioshkateatro@gmail.com
https://matrioshkateatro.com/
https://matrioshkateatro.com/comando-comadres/

Mércores 8 Salón Teatro 18 h

Elenco: Chelo do Rejo, M.ª Ángeles Iglesias e Anabell Gago
Dirección, dramaturxia, escenografía e vestiario: Gena Baamonde
Autoría: Matrioshka Teatro (Chelo do Rejo, Anabell Gago, Lorena Conde), Gena Baamonde e M.ª Ángeles Iglesias
Manifesto: Ana Cabaleiro
Movemento escénico: Gena Baamonde e Andrea Quintana
Música: Mónica de Nut
Deseño de iluminación e director técnico: Octavio Mas
Xastrería: Bety, CHIMPOS, S.L.
Caracterización: La Pelu, F. Silva
Deseño gráfico: Alba Aller
Deseño cartel: Lorena Conde
Fotografía: Inés Salvado
Deseño web: Terrun Social
Gravación e edición teaser: Tamboura Films
Comunicación: Belém Brandido
Distribución: Matrioshka Teatro

Unha produción de Matrioshka Teatro e Artefeito Producións S. Coop. Galega, coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais-Agadic e co apoio do Concello da Estrada. 

Adulto e adolescente
Teatro
70 minutos

Descargas Enlaces

Vídeo
Instagram
Facebook
Twitter