Un banco de catro patas ofrécenos un equilibrio perfecto.
Catro patas ríxidas, estables e seguras… pero moi aburridas.
Porque un banco perfecto nunca vivirá o arrepío de caer, nin o orgullo de se erguer.
Cantas patas para un banco? ofrece un novo xeito de ser, de pensar e de facer. Un novo equilibrio baseado nun desequilibrio que nunca cae, un desequilibrio eterno que nos permite ser diferentes pensar en poder ter as patas que queiramos ter.

Cía. iO é unha compañía interesada polas novas linguaxes e as artes do movemento, que emprega o circo como ferramenta principal. Esta compañía nace da man de Álvaro Pérez e Álvaro Fitinho en 2016, coa estrea do seu primeiro espectáculo Contiguo, peza coa que recibirán o premio ao mellor espectáculo de rúa no Festival Circada de Sevilla en 2017.

En 2018 Beatriz Rubio entra a formar parte da compañía, comezando un novo xeito de producir as súas pezas: Álvaro Fitinho levará o peso da dramaturxia e Bea Rubio, o da escenografía e a iluminación. Ademais, tratan de contar sempre con colaboracións externas en cada nova produción. Así chegarán outras producións como Catro[4”]Segundos no ano 2018, coa que reciben o premio do FETEGA, Espida en 2020 e a súa máis recente creación, Cantas patas para un banco?

Contratación

Bea Rubio
636 420 688
distribucion@companiaio.com
www.companiaio.com

Luns 6 Praza da Inmaculada 18 h

Autoría: Álvaro Fitinho
Dirección: Paula Quintas e Arturo Cobas
Escenografía: Gustavo Reboredo e Beatriz Rubio
Iluminación: Beatriz Rubio
Son: Jano Costas
Vestiario: Paula Quintas
Música: Jano Costas
Elenco: Jano Costas, Beatriz Rubio e Álvaro Fitinho

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais-Agadic

 

Todos os públicos
Circo-danza
60 minutos

Descargas