Amantis conta a historia de M., un adolescente de barrio obreiro que quere ser influencer. O protagonista vive somerxido nun mundo paralelo ao real (TikTok, Twitch ou Instagram), pero a vida real irrompe continuamente con forza no seu día a día.
Dende Rebordelos producimos espectáculos que convidan a un gozo estético e sensorial a partir de narrativas que cheguen e inclúan todo tipo de persoas no pracer e na experiencia escénica. O noso interese pivota arredor das voces infrarrepresentadas do relato, da recuperación da memoria e da aportación a un patrimonio cultural común.
Apostamos por espazos seguros de creación, respectuosos cos seus tempos, como método para crear pezas vitalistas e coidadas.
María Mariño
698 147 660
kandenguearts@gmail.com
https://www.kandenguearts.com/
Autoría: Tamara Canosa e Xacio Baño
Dirección: Tamara Canosa
Elenco: Roque Ruiz
Espazo escénico e iluminación: José Faro
Espazo sonoro: Jas Processor
Vestiario: Melania Freire
Fotografía: Sabela Eiriz
Audiovisuais: Xacio Baño
Produción: Rebordelos
Distribución: Kandengue Arts
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais-Agadic
Adolescente e adulto
Teatro
60 minutos