A nena que vivía nunha caixa de mistos é un novo espectáculo de Caramuxo Teatro inspirado no conto A vendedora de mistos de Andersen. Unha peza cunha linguaxe contemporánea e multidisciplinaria que trata os temas da pobreza infantil e a orfandade, mais cunha mensaxe positiva sobre o poder do cambio. Unha proposta de teatro de actriz e monicreques sen palabras, que homenaxea as primeiras películas do cinema mudo.

Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familiar que nace na Coruña en 2003, dirixida por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. Caramuxo crea espectáculos poéticos e visuais axeitados para gozar en familia, tendo unha especial responsabilidade co público máis novo e mesturando diferentes técnicas: teatro de actor, monicreques, danza…

A liña de traballo parte duns textos elaborados a partir da experiencia no eido educativo, tratando de ser un referente de producións de calidade, creando espectáculos nos que se consideren aspectos didácticos a nivel cultural, ademais do artístico, que consigan a lealdade do público.

Contratación

Laura Sarasola Pontón
610 848 781 / 699 521 803
info@caramuxoteatro.net
www.caramuxoteatro.com

Mércores 8 Teatro Principal 11 h

Autoría: Laura Sarasola Pontón e Juan Rodríguez Santiago
Dirección: Juan Rodríguez Santiago
Escenografía: Juan Ares
Iluminación: Suso Jalda
Son: Suso Jalda
Vestiario: Espazo Valeiras
Música: Alma Sarasola e Fernando Román
Elenco: Fernando Román , Juan Rodríguez e Laura Sarasola

Infantil, a partir de 5 anos
Teatro
42 minutos

Descargas Enlaces

Facebook
Instagram
Vídeo