Como cambia a nosa vida cando chega un novo ser a ela? Cales son as dificultades, os desafíos, as crises que se nos presentan como nais e pais nunha sociedade complexa como a contemporánea? Como compaxinamos a itinerancia e a inestabilidade das artes escénicas coas esixencias da crianza? Estamos preparadas para asumir todos os retos e imprevistos con creatividade?

Partindo da comicidade e irreverencia do título A Familia Real, que nos remite á monarquía e á súa imaxe artificiosa, mergullámonos nas biografías de cinco familias reais coas súas singularidades, defectos e virtudes, co obxectivo de achegarnos a un concepto de familia aberto, expansivo e mutábel.

Aporía Escénica é unha compañía centrada na creación contemporánea, que pretende explorar o universo da muller, a consciencia e a ecoloxía, así como desenvolver a súa linguaxe artística por medio da hibridación de tipoloxías escénicas que potencien a plástica dos corpos e obxectos, empregando o xogo e o humor, sen esquecer a palabra e a poesía.

Olivas Negras, formada por Cecilia Vázquez e Sonsoles Cordón, acumula máis de 10 anos de experiencia nas artes escénicas. Con 12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva, dirixida por Marián Bañobre, comeza a andaina da compañía. Conta ademais con espectáculos de cabaré e infantís, tendo sempre como obxectivo principal a promoción dun teatro feito por mulleres no que se reflicta a súa visión da sociedade actual e apoiando a conciliación familiar.

Contratación

Diana Mera Estévez
661 722 106
aporiaescenica@gmail.com
http://www.aporiaescenica.com/

Xoves 9 Teatro Principal 18 h

Dirección: Diana Mera Estévez
Autoría: textos de creación colectiva
Produción e loxística: Sonsoles Cordón
Escenografía: Diana Mera Estévez e Cecilia Vázquez
Iluminación: Beatriz de Vega
Música orixinal: Francisco M. Gallardo
Vestiario: Cecilia Vázquez
Nais e pais: Sonsoles Cordón, Francisco M. Gallardo, Diana Mera Estévez, Vicente Mohedano, Cecilia Vázquez e Beatriz de Vega
Fillas e fillos: Catalina Scillia, Gianluca Cordón, Asahel Gallardo Mera e Ginevra Nortes
Canguro en escena: María Tasende

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais-Agadic

Todos os públicos, a partir de 10 anos
Teatro
70 minutos

Descargas Enlaces

Vídeo
Instagram 
Instagram