Espectáculo de circo-teatro que presenta un personaxe obsesivo, cuadriculado e meticuloso. Un ser único na súa especie rodeado dun sen fin de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para lle dar forma ao seu mundo. Do caos xorde un universo delirante onde inventa a risa, creando unha tolemia cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura.

O malabarista galego Jesús Velasco presenta unha peza que é froito da investigación nunha técnica non demasiado estendida, e menos como punto de partida de todo un espectáculo:  “cigar boxes” ou malabares con caixas.

Tras o seu paso polas escolas de circo Circonove de Santiago de Compostela e Carampa de Madrid, forma a compañía Pass & Company, que gañou o Talent Madrid 2014 e o Premio OFF do TAC de Valladolid con Juguete Roto 3p0. Desde entón pasou por multitude de teatros e festivais con compañías como Gandini Juggling, Ale Hop, Proxecto Sánchez, Chipolatas, Pass & Company ou Pistacatro.

Contratación

Kandengue Arts / María Mariño
698 147 660
kandenguearts@gmail.com
www.kandenguearts.com/xampatito-pato

Luns 7 San Domingos de Bonaval 16 h

Autoría: Jesús Velasco
Dirección: Arturo Cobas e Jesús Velasco
Escenografía: Cruz Velasco e Jesús Velasco
Iluminación: Flavia Mayans de la Morena
Vestiario: Alicia Tojo
Elenco: Jesús Velasco

Familiar, todos os públicos
Circo
50 minutos

Descargas Enlaces

Video promo Só. on Vimeo
Vídeo promo Sala SÓ..mp4 on Vimeo