Othello é vítima e verdugo. Sofre islamofobia e executa un feminicidio que nace dunha mentira. Esta mentira xorde da inseguridade e da crenza de entender como propio o que non se pode posuír.

#BlackLivesMatter, #NinUnhaMenos, #Posverdade e #FakeNews danse cita nunha historia escrita hai máis de 400 anos, pero que hoxe en día resulta próxima no tempo: en España, desde 2013, morreron 1.053 mulleres asasinadas pola violencia machista.

Voadora leva desde o ano 2007 poñendo os medios para que suceda o imposible.

Cun equipo formado por artistas complementarios de diferentes disciplinas capitaneados por Marta Pazos, a compañía traballou dentro e fóra das nosas fronteiras en espazos reducidos, formatos xigantes, montaxes colectivas de índole social, óperas, adaptacións contemporáneas de textos clásicos, novas dramaturxias musicais e un longo etcétera de incursións en xéneros nos que deixou sempre a súa pegada.

A solidez da súa carreira está fundamentada nunha aposta firme polo coidado de cada elemento, nunha esixencia rigorosa e un amor extremo á arte.

Contratación

José Díaz
687 473 994
josediaz@voadora.es
www.voadora.es

Xoves 10 Salón Teatro 20 h

Autoría: William Shakespeare
Dirección: Marta Pazos
Adaptación: Fernando Epelde
Escenografía: Marta Pazos
Iluminación: Nuno Meira
Son: Hugo Torres
Vestiario: Silvia Delagneau
Música: Hugo Torres
Elenco: Mary Paz Sayago, Ángel Burgos, Ana Esmith, Chumo Mata, Joaquín Abella e Hugo Torres

Produción de Voadora en coprodución coa MIT, Teatro Abadía e Teatro Nacional São João.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais-Agadic.

Adulto
Teatro
90 minutos

Descargas