Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sente a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto e, coma en todos os labirintos, é moi doado entrar pero ben complicado saír. Será que ela o consegue?

Nina Ninette é un conto iniciático que se inspira na estética do Ballet Triádico celebrando o centenario da súa estrea, para danzar unha historia de beleza e rebeldía.

 

O proxecto artístico galego trasPediante, integrado por Marta Alonso Tejada, Paula Quintas e Begoña Cuquejo, combina, desde 2008, o traballo de compañía co de xestión cultural en proxectos como o Festival Corpo(a)terra, o programa de formación Enxebre Danza ou o programa de Adestramento Profesional en Danza Contemporánea en Santiago de Compostela.

 

 

Contratación

Paula Quintas
669 258 384
info.paulaquintas@gmail.com
www.paulaquintas.com
www.traspediante.com

Mércores 9 Auditorio ABANCA 16 h

Autoría: María Torres
Dirección: María Torres
Coreografía: Marta Alonso Tejada e Paula Quintas
Escenografía: Gonçalo Guerreiro
Iluminación: Nacho Martín
Música orixinal: Alejandro Salgueiro
Vestiario: Diego Valeiras
Atrezo: Marta Mallo e Juan Lens
Elenco: Marta Alonso Tejada, Paula Quintas e Carlota Mosquera

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais-Agadic

A partir de 3 anos
Danza
50 minutos

Descargas Enlaces

www.galiciadanzacontemporanea.gal