Unha muller, desafiante, proclama ser dona da súa liberdade, non acatar mandatos dos seus iguais nin someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade. Declara o seu amor pola literatura e a lingua do seu país, o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar.

Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir e clama contra o silencio que todo o envolve.

Chámase María Rosalía Rita de Castro. Filla de nai solteira. E de pai cura. Escritora. Galega de pensamento libre.

 Teatro do Atlántico celebrou en 2020 trinta e cinco anos de actividade.

Yourcenar, Ibsen, Lorca, Lourenzo, Pinter, Teresa Moure, Salgueiro, Benet i Jornet, Desola, McPherson, Del Arco, Hélène Cixous, Sanchis ou Miró i Coromina son parte da nómina de autoras e autores visitados. Incorpórase agora a Rosalía de Castro, en versión escénica de Xúlio Lago.

No ano 2016, a Compañía recibe o Premio da Crítica de Galicia, no apartado de Artes Escénicas, distinción que se vén sumar aos 76 nomeamentos e aos 33 premios de teatro que levan recibido as súas producións en diversos apartados: mellor espectáculo, dirección, protagonistas feminina e masculino, secundarios, escenografía, iluminación, música ou tradución.

Contratación

María Barcala
618 256 424
teatrodoatlantico@yahoo.es
www.teatrodoatlantico.com

Mércores 9 Teatro Principal 20 h

Autoría: Rosalía de Castro
Dirección: Xúlio Lago
Dramaturxia: Xúlio Lago
Tradución prosas en castelán: Aleixandre Lago
Espazo: Xúlio Lago e Antonio Simón
Iluminación: Xúlio Lago e Antonio Simón
Fotografías: Tino Viz
Vestiario: Susa Porto
Música: Vadim Yukhnevich
Elenco: María Barcala

Espectáculo en coprodución co Padroado de Cultura de Narón

Adulto
Teatro
60 minutos

Descargas