Espectáculo de danza-circo 360° de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía.

Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das intérpretes co espectador.

Os conflitos, decisións e dificultades son parte da vida cotiá. Sempre depende do que nós facemos con eses conflitos e como os resolvemos para que cada momento se converta nunha agradable aventura. Que te impulsa a seguir? A erguerte cada día como se fose novo? Que fai que esperte o teu sorriso?

Cal é o teu Ikigai?

Dúas grandes artistas galegas, Sue Moreno e María Move, crean SU.MA para abordar o seu primeiro show baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro (Elefante Elegante).

SU.MA nace como unha compañía de circo contemporánea que mestura disciplinas e linguaxes sonoras e estéticas para todos os públicos.

 

Contratación

Nacho Fungueiriño Rey
981 582 836
info@culturactiva.org
https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/ikigai

Martes 8 Praza da Quintana 11.30 h

Autoría: Sue Moreno e María Move
Dirección: Gonçalo Guerreiro
Creación, espazo sonoro e coreografía: Cía. SU.MA (Sue Moreno e María Move)
Música orixinal: María Move e Raúl Grillo
Fotografía e vídeo: Andrés Nadal

Premio do Público no Festaclown 2020

Familiar
Novo circo
45 minutos

Descargas