…e poñerán esposas ás flores… é un texto de Fernando Arrabal nunca antes representado nun teatro de xeito profesional. Situada na posguerra española, inspírase no caso de Julián Grimau, executado en 1963 polos seus crimes cometidos durante a guerra civil, uns 25 anos antes. A peza teatral fai coincidir este feito coa chegada do home á lúa para facernos reflexionar sobre a liberdade do ser humano, que é capaz de facer cousas fermosas como chegar á lúa ou cousas terribles como dispararlle o tiro de graza a Lorca no cu. Situada dentro do drama surrealista con tinturas cómicas, reflexiona sobre a grandeza do amor, da liberdade e da xustiza.

No medio dunha pandemia mundial, nace Stracciatella Teatro, e o que nos levou a iniciar esta viaxe é o amor e o compromiso coa arte e a cultura. Entre os obxectivos do teatro está a necesidade de crear un lugar de encontro onde lle presentar á sociedade cuestións de índole social e moral para reflexionarmos conxuntamente sobre elas, sen desvincularnos do concepto de espectáculo. Para nós é moi importante que o público goce da experiencia. A nosa máxima: o público é soberano. O teatro é un espazo sagrado, un lugar de encontro social para reflexionar sobre a condición humana. O teatro como lugar para vivir experiencias e poñer o imperio dos sentidos como bandeira.

Contratación

Iria Lamas Alsina
600 893 880
iria.lamas@straciatellateatro.com

Luns 7 Salón Teatro 11 h

Autoría: Fernando Arrabal
Dirección: Javier F. Mariño
Adaptación: Javier F. Mariño
Tradución: Xoán Carlos Rábade
Escenografía: Anahí Taraburelli
Iluminación: Nacho Martín
Proxeccións de vídeo: Colectivo MOM
Vestiario: Anahí Taraburelli
Intérprete acordeón: Klaus Martínez Veiga
Elenco: Alejandro Carro, Andrés Mahía, Marcos Fernández, Klaus Martínez e Iria Lamas

Adulto, a partir de 12 anos
Teatro
80 minutos

Descargas Enlaces

Enlace a teaser