A través da entrañable relación que manteñen o mestre don Gregorio e o neno, Pardal, vaise descubrindo a historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

O proceso de aprendizaxe que emprende o rapaz da man do mestre da escola é testemuño tamén da traxedia que supón vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.

Volver a Rivas é, para Sarabela, dalgún xeito, volver á casa. Desde a chegada ao novo milenio, será esta a cuarta colaboración da compañía co autor.

Conxugamos as historias de dous dos escritos de Manuel Rivas, A lingua das bolboretas e A traxectoria do balón, co propósito de que a mensaxe chegue nidia ao tempo que se xoga coas imaxes e coa poética que nos leva a un espectáculo destacado na nosa historia escénica.

Con máis de 40 anos de actividade ininterrompida, Sarabela está en proceso de cambio e de procura artística constante.

Autores como Ionesco, Fernán Gómez, Saramago, Lagarce, Cunqueiro, Rivas, Blanco Amor, Shakespare, Lorca ou Belbel únense na traxectoria da compañía a dramaturxias propias como as de Ánxeles Cuña, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Begoña Muñoz ou Carlos Couceiro.

A compañía compaxina as súas producións coa organización e xestión de mostras e festivais para diversos públicos (Miteu, Fito e Moti) coa docencia.

Obtivo recoñecementos polos seus traballos, entre os que están numerosos María Casares, ademais dos Compostela, Fetén, Celestina, Xiria, Abrente ou o Premio da Cultura Galega.

Ata aquí chegamos e pode que saibamos por onde queremos ir. Corrixir constantemente, mellorar para anovarnos.

Contratación

Fina Calleja
629 860 580
sarabelateatro@yahoo.es / fina.calleja@gmail.com
www.sarabelateatro.com

Xoves 10 Teatro Principal 18 h

Autoría: Manuel Rivas
Dirección: Gonçalo Guerreiro
Adaptación: Gonçalo Guerreiro e Fernando Dacosta
Escenografía: Gonçalo Guerreiro
Iluminación: Baltasar Patiño
Son: Fernando Dacosta
Elenco: Elena Seijo, Josito Porto, Fran Lareu, Fernando Dacosta e Fina Calleja

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais-Agadic

Todos os públicos
Teatro
70 minutos

Descargas Enlaces

Vídeo