Claudio é un estudante de 17 anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

Esta obra foi escollida en 2018 dentro do plan de fomento á lectura en varios institutos de secundaria.

Redrum Teatro somos unha empresa cultural dedicada á produción e distribución de espectáculos teatrais e á edición de libros infantís constituída no ano 2009. Desde a nosa fundación apostamos pola produción de espectáculos de diferentes formatos, sempre cun coidado valor estético e artístico como marca persoal da compañía e coa clara vontade de fomentar o entretemento e a cultura en galego.

Contratación

Guillermo Carbajo
617 334 627
info@redrumteatro.com
www.redrumteatro.com

Martes 8 Auditorio ABANCA 18 h

Autoría: Juan Mayorga
Dirección: Álex Sampayo
Adaptación: Álex Sampayo
Tradución: Álex Sampayo
Escenografía: J.M. Faro “Coti”
Iluminación: J.M. Faro “Coti”
Espazo sonoro: Davide González
Vestiario e caracterización: María Illobre
Elenco: Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado e Rubén Porto

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais-Agadic

Adulto
Teatro
100 minutos

Descargas Enlaces

Video promocional
Facebook