Sabías que se conservan máis de 400 milagres de Santa María en códices do século XIII en galego?

Sabías que a Divina Señora adquiría as formas máis sorprendentes para axudar as persoas infelices que llo pedían? Sabías que a maioría dos milagres da Señora serían hoxe condenados pola igrexa e perseguidos polo código penal?

Para contar isto, Excéntricas presenta Estrela do día, unha comedia divina, protagonizada por unha María poderosa e sensual, divertida e xusticeira. A palabra poética dos códices foxe do libro e encárnase na escena. As personaxes saen das miniaturas medievais e chegan aos nosos días da man e do talento de Evaristo Calvo, Rocío González, Víctor Mosqueira e Patricia Vázquez.

 

Excéntricas é un proxecto teatral que se move comodísimo polos vieiros da comedia e, en xeral, polo uso do humor como instrumento óptico para ollar o mundo e os seres humanos.

Excéntricas ten tres formatos de espectáculos: os que protagoniza o dúo Mofa & Befa, con obras de elaboración propia e métodos artesanais; os espectáculos unipersoais de Quico Cadaval, e outra liña, na que se parte de textos de autores contemporáneos como Shakespeare, McDonagh, Topor ou Valle-Inclán, que teñen en común o uso do humor como ferramenta crítica e dos coñecementos como materia para a burla e para o riso.

Algúns dos seus éxitos son Shakespeare para Ignorantes, Un Cranio Furado ou A Cabeza do Dragón.

Contratación

Rubén G. Pedrero
618 752 105
ruben.excentricas@gmail.com
www.excentricas.net

Luns 7 Auditorio ABANCA 20 h

Autoría: Quico Cadaval
Dirección: Marcos PTT Carballido
Escenografía: Laura Iturralde
Iluminación: Laura Iturralde
Son: Nacho Muñoz
Vestiario: Uxía Vaello
Música: Nacho Muñoz
Elenco: Evaristo Calvo, Rocío González, Víctor Mosqueira e Patricia Vázquez

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais-Agadic

Adulto, a partir de 13 anos
Teatro
85 minutos

Descargas Enlaces

Facebook
Youtube
Vídeo