Pura fala dos nosos maiores. En concreto, a orixe da nosa peza é a avoa Pura, familia do noso director, que serve como fío condutor do espectáculo. Pura tamén está de aniversario, 94 anos, e o seu desexo é ir ver de novo un filme ao Cine París da Coruña. Un cine que xa non existe, un cine que agora é un Pull and Bear.

Pura fala de memoria histórica, das lembranzas que aínda perduran nas nosas avoas, da reminiscencia, dos lugares que un día foron parte da nosa vida e, tamén, entra no conflito da especulación inmobiliaria e da destrución do patrimonio cultural.

A compañía Os Náufragos Teatro, que este ano cumpre 20 anos, presenta o novo espectáculo Pura, que se estreou no Teatro Rosalía Castro en febreiro de 2021.

Pensamos que é importante vivir o presente e levar a cabo proxectos que fagan visibles realidades sociais onde procuramos un contacto directo co público que asiste, non só a través da peza escénica, senón tamén con encontros. Nos últimos anos fixemos xira e producións na América Latina. Os Náufragos Teatro é coorganizadora do Corufest, festival pola diversidade afectivo sexual da Coruña.

Compañía apoiada polo INAEM e pertence á Asociación Escena Galega.

Contratación

Gustavo del Río Prieto
639 463 730
osnaufragosteatro@gmail.com
www.osnaufragosteatro.com

Luns 7 Teatro Principal 18 h

Autoría: Gustavo del Río e Ismael G. Candal
Dirección: Gustavo del Río
Escenografía: Marisa de Laiglesia
Iluminación e son: Daniel Pais
Vestiario: Juan Carlos Guerra
Elenco: Denis Gómez, Rebeca Vecino, Sete Eiroa e Nicolás Gaude

Todos os públicos
Teatro
70 minutos

Descargas Enlaces

Escena Galega