O mundo, devorado polos residuos, perdeu a súa cor. Frío, gris e cuberto de desperdicios, é reinado por unha terrible catástrofe: o lixo. Seres sen piedade impóñense como amos incontestábeis dunha terra erma.

No entanto, alguén queda neste falmaguento mundo. Alguén queda varrendo sen cesar as ondas de lixo que sempre volven. Alguén queda sen dimitir dun propósito que parece inalcanzable. Alguén queda coa esperanza de que a natureza recupere os seus dereitos: a meiga Gaia Baba.

A súa aventura comeza o día que, entre o lixo, descobre aquilo que cría perdido para sempre.

 

Moving Compass é unha compañía internacional nova. Un grupo de creadores que veñen do teatro, do circo, da música e dos mundos da máscara e do monicreque.

Dende o desexo de afondar e descubrir a arte escénica do día de hoxe, Moving Compass busca e explora un teatro onde os estilos se xuntan para abrir novos espazos. Unha arte escénica sen elites. Un punto de encontro onde somerxerse no extraordinario da arte. Onde todo poida ser posible.

Contratación

Rafael Rey
630 416 898
movingcompass.theatre@gmail.com
www.movingcompasstheatre.com

Xoves 10 Auditorio ABANCA 11 h

Autoría e dirección: Moving Compass
Elenco: Daniel Gómez Iglesias, Rafael Rey, Tomé Mouriño Covelo e Mathias Rodríguez
Música: Tomé Mouriño Covelo
Marionetas e escenografía: Moving Compass
Iluminación: Javier Quintana e Carlos Gallardo
Vestiario: Elisa Vizioli

Familiar, a partir de 7 anos
Marionetas e teatro físico
60 minutos

Descargas Enlaces

Instagram
Facebook