Bailar agora é unha sorte de imperativo cara a un posicionamento no presente social e persoal a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e a emoción que compartimos aquí e agora bailando.

A danza, o humor e a proximidade co público xeran unha atmosfera particular do cotián, o natural, o común e o esperanzador que se comparte na escena.

 

Marta Alonso Tejada traballa no sector artístico desde 2008, ano no que funda trasPediante.

Desde 2010 crea e codirixe o festival de danza e artes do corpo Corpo(a)terra.

A traxectoria como creadora e intérprete de Marta Alonso Tejada (Ourense, 1983) é multidisciplinaria e hiperactiva. A súa actividade artística traza desde o inicio unha ida e unha volta constante cara á danza e ao movemento que no percorrido se achega ao teatro físico, á interpretación e ao circo.

 

Contratación

Kandengue Arts / María Mariño
698 147 660
kandenguearts@gmail.com
www.kandenguearts.com/marta-alonso-tejada

Martes 8 Salón Teatro 10 h

Dirección e interpretación: Marta Alonso Tejada
Creación: Marta Alonso Tejada, Victoria P. Miranda e Pablo Reboleiro Rama
Asistencia de dirección e dramaturxia: Pablo Reboleiro Rama
Coreografía e movemento: Victoria P. Miranda
Asistencia de movemento: Sergio Perol
Deseño de iluminación e espazo escénico: Laura Iturralde
Espazo sonoro e música: Xabier Bértolo
Vestiario: Uxía P. Vaello
Atrezo: Tócolo
Produción: Manu Lago
Audiovisuais: Ángel Sousa e Mila Ercoli
Deseño gráfico: Paulina Funes

Unha produción de Marta Alonso Tejada (cía. trasPediante) co Centro Coreográfico Galego, Axencia Galega das Industrias Culturais, Xunta de Galicia e coa colaboración de Galicia Danza Contemporánea, Teatro Ensalle, Concello de Negreira e Centro Dramático Galego.

Todos os públicos
Danza
70 minutos

Descargas Enlaces

www.traspediante.com
www.corpoaterra.com
BAILAR AGORA (Teaser)
BAILAR AGORA (Promo)