Sempre presente, sempre honesta, afrodisíaca e aromática, CANELA esperta os teu sentidos,
transportándote moi lonxe, ás terras das esmeraldas. Ela é “CANELITA EN RAMA”.

Canela é un espectáculo de danza urbana e danza experimental para a rúa e espazos non convencionais.

Nun proceso de creación onde se poñen en valor as habilidades físicas das e dos integrantes, trátanse as propiedades da canela dende o corpo: presenza no padal, aroma, proceso de extracción etc. Todo iso lévanos aos sentidos e ás terras de Sri Lanka, de onde procede a especia.

A danza urbana, sempre presente, lémbranos a frescura da xuventude e a intensa musicalidade e virtuosismo físico e coreográfico.

Laboratorio Escénico é unha compañía creada en 2019, impulsada por Laboratorio Escénico S. Coop.  Galega (con sede na Coruña), que se dedica á formación, creación e distribución de danza, teatro e música. Actualmente ten tres espectáculos en xira: Horas de outono (espectáculo de teatro xestual en clave de clown para teatros e espazos non convencionais), Nómadas (pasacalle de animación en clave de funky) e Canela (espectáculo de rúa de danza urbana).

Canela enmárcase dentro do Plan Profesional de Danza, apoiado pola Fundación Paidea Galiza en 2019-20, que busca impulsar os novos talentos, abordando a súa profesionalización dende a formación e o acompañamento á creación e distribución.

Contratación

Laboratorio Escénico S. Coop. Galega
622 798 617
administracion@laboratorioescenicocoop.com
www.laboratorioescenicocoop.com

 

Luns 7 Praza da Quintana 13 h

Autoría: Laboratorio Escénico
Dirección: Alba Fernández Cotelo
Interpretación: Myriam González, Sara Tréllez, Samuel Galán, Irene Varela, Noelia López, Lucía Vázquez, Jaimi Neves e Diana Monserrat/Alba Fernández
Escenografía e vestiario: Laboratorio Escénico
Asesoramento coreográfico: Sabela Domínguez
Asesoramento á interpretación: Carmen Cotelo
Produción e mestura musical: Jas Processor
Produción e distribución: Laboratorio Escénico S. Coop. Galega
Fotografía e vídeo: Raquel Castro

Todos os públicos
Danza urbana
20 minutos

Descargas Enlaces

Vídeo
Vídeo