E-migrantas é unha danza sobre a última diáspora galega. Esther Latorre e David Loira bailan a experiencia emigrante da última xeración. Partimos dun dato contundente: na última década 47.105 persoas entre os 20 e os 39 anos abandonaron Galicia na procura de contextos laborais máis favorables. Pensamos que a emigración atravesa tamén a nosa identidade actual e queremos bailala para comprendela. Imos bailar a emigración con estatísticas, poemas, tecela de vivencias, memorias e esperanzas cun obxectivo: coñecer o que sucede coa emigración galega do século XXI e si, esta vez, imos contar a última diáspora bailando.

Kirenia Danza é unha compañía galega de danza, fundada en 2019 por Kirenia Martínez, coreógrafa e bailarina, que codirixe a cía. Entremáns desde 2006.

É unha compañía de creación artística contemporánea que crea, dirixe, distribúe e produce proxectos escénicos. Nas súas creacións prima a investigación de novas expresións escénicas ligadas á linguaxe do movemento e a palabra.

Actualmente, combina as creacións propias con encargos coreográficos, colaboracións literarias e proxectos formativos e de cooperación europea con outras entidades internacionais e desenvolve outras propostas coreográficas: E-migrantas; Instante Gradual; Otero, la bailarina española; Primeiro a vida! e Tres Tristes 2.0.

Contratación

Kirenia Martínez Acosta
617 654 332
info@kireniadanza.gal
https://kireniadanza.gal/
http://emigrantas.me/

Luns 7 Praza da Quintana 13 h

Autoría: Kirenia Martínez Acosta
Dirección e coreografía: Kirenia Martínez
En escena: David Loira e Esther Latorre
Texto: Branca Novoneyra
Produción: Uxío Novo
Deseño técnico: Miguel RTA
Espazo sonoro: Babykatze & Bruno Baw
Vídeo: Visaki Films
Deseño gráfico: Niko Alvarellos
Fotografía: Bruno Baw
Vestiario: Jandro Villa

Adulto e xuvenil
Danza
55 minutos

Descargas Enlaces

Web KIRENIA DANZA
Web E-MIGRANTAS

Crítica de Manuel Jabois
Crítica de Afonso Becerra – Revista ARTEZ BLAI
Crítica Nieves Neira -Revista Erregueté
Crítica de Miguelanxo Lar
Instagram KIRENIA DANZA
Instagram E-MIGRANTAS
Facebook KIRENIA DANZA
Facebook E-MIGRANTAS
Twitter KIRENIA DANZA
Twitter E-MIGRANTAS
Vimeo KIRENIA DANZA
Vimeo E-MIGRANTAS