A crecente (re)aparición e a aparente (re)afirmación social de ideoloxías que atentan contra a vida e os dereitos das persoas LGTBIQA+ xeraron en nós un estado de shock que nos levou a reflexionar sobre os momentos da infancia que afectaron á hora de construírnos como persoas.

Microspectivas dun marica millennial é unha reivindicación da memoria, do respecto polo amor e pola vida; un tempo desde o que cuestionar as certezas impostas que predestinan a construción da identidade. O resultado é unha viaxe sensorial que se move polos lindes da performance, a instalación, o concerto e as artes do movemento.

Incendiaria é unha plataforma artística que fundamenta o seu traballo na investigación e na creación escénica contemporánea.

En 2018, Incendiaria estrea a súa primeira montaxe profesional, Eila.

En 2019, Incendiaria inicia o proceso creativo do seu segundo espectáculo, Microspectivas dun marica millennial, co apoio das III Residencias Paraíso (Colectivo RPM) e coproducido polo CDG.

A finais do 2020, Incendiaria, xunto coa compañía A quinta do Cuadrante, gañan o II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais coa proposta escénica do texto A lúa vai encuberta. Actualmente, as integrantes de Incendiaria traballan coa compañía portuguesa Teatro Art´Imagem na montaxe do espectáculo Especies Lázaro.

Contratación

Davide González / Vanesa Sotelo
677 721 875 (Davide González)
651 143 776 (Vanesa Sotelo)
incendiariacontacto@gmail.com
www.incendiaria.net

Martes 8 Salón Teatro 20 h

Dirección: Vanesa Sotelo
Idea orixinal: Davide González
Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Davide González
Interpretación: Davide González
Iluminación: Laura Iturralde
Espazo escénico: Carlos Alonso
Atmósfera sonora: Davide González
Indumentaria: Carlos Alonso e Davide González
Vídeo en escena: Laura Iturralde
Fotografía: Laura Iturralde e Lucía Estévez
Vídeo promocional: Lucía Estévez
Voz en off: Eduardo R. Cunha “Tatán”

A partir de 16 anos
Teatro/Multidisciplinario
65 minutos

Descargas Enlaces

Vídeo Teaser