Porvenir conta a historia de catro amigos de toda a vida que, encirrados pola deusa da fortuna, se enfrontan á incómoda pregunta de como queren vivir a madurez das súas vidas. Son eles os que levan as rendas da súa existencia ou, polo contrario, simplemente se deixan levar pasivamente polos seus quefaceres cotiáns? Porvenir non dá solución á pregunta pero si que reivindica o feito mesmo de facela e, sobre todo, a necesidade de encontrar tempo para pensar nela. Dámonos o momento para reflexionar sobre o que queremos como seres humanos e por que o queremos? Estamos condenados a seguir o ritmo de Cronos (o deus do tempo cronolóxico)? Non é acaso a nosa responsabilidade defender e gozar de Kairós (o tempo oportuno e cualitativo)?

Tras 20 anos de traxectoria, actualmente ImproMadrid conta con máis de 15 producións orixinais e consolidouse como unha das compañías máis estables e arriscadas da Improvisación Teatral do mundo. Percorremos toda España e máis de 15 países. Temos unha escola na que difundimos as técnicas da Improvisación. Facemos eventos. Traballamos para axencias. Escribimos guións. Colaboramos con artistas doutras disciplinas. Facemos producións audiovisuais. Deseñamos vestiario. Distribuímos espectáculos doutras compañías. Somos os creadores e produtores do FESTIM (Festival Internacional de Improvisación Teatral de Madrid), o único festival internacional de Improvisación de España e un dos máis importantes do mundo.

Contratación

Susana Rubio
630 319 994
susana@impromadrid.com
www.impromadrid.com

Mércores 9 Teatro Principal 11 h

Autoría: Ignacio López
Dirección: Ignacio López
Escenografía: Tatiana de Sarabia
Iluminación: Ángel Hidalgo
Son: Luis de Pablo
Vestiario: Tatiana de Sarabia
Música: Luis de Pablo
Elenco: Ignacio Soriano, Paloma Córdoba, Elena Lombao, Borja Cortés e Ignacio López

Adulto
Teatro
90 minutos

Descargas