EM·NA baséase na idea da vibración como elemento manipulador. É unha investigación sobre a “acústica subcutánea” a través da vibración e do silencio resultante no corpo do outro.

Cunha forte presenza do mundo e espírito xaponeses, a duración de cada movemento e acción case parece a dun pensamento, propósito ou reflexión. A peza busca entretecer a orde, o caos, a pasividade e o eco da mente proxectado no corpo cambiante. Un momentum sobre o chea e desbordada que está a mente humana e a necesidade do silencio. EM·NA afonda na nosa realidade animal, instintiva e intuitiva. EM·NA fala do que o corpo entende. Autopiratería. Corpo sensible–corpo enigma–corpo habitado.

Colectivo Glovo nace en 2016 da man de Esther Latorre (España) e Hugo Pereira (Portugal) como un espazo de creación onde desenvolven conxuntamente a súa faceta máis imaxinativa. Traballan na creación da escena tanto para teatros coma para espazos non convencionais, xa que un dos seus obxectivos é aumentar as dimensións do alcance das dinámicas do corpo. Admiten a súa paixón pola linguaxe do movemento e perseguen a investigación de novas expresións escénicas partindo do propio corpo sen límites establecidos. Con mencións en festivais coma Cortoindanza (Italia), Espiral Contemporánea (Santander), Premio do Público no Certame Coreográfico Sólodos (Ourense) ou o primeiro premio no Certame Coreográfico Internacional Burgos & New York.

Contratación

Hugo Pereira
604 002 295
colectivoglovo@gmail.com
www.colectivoglovo.com

Martes 8 Teatro Principal 16 h

Autoría: Esther Latorre e Hugo Pereira
Dirección: Esther Latorre e Hugo Pereira
Apoio en xestión: Manu Lago
Iluminación: Pedro Fresneda
Vestiario: Jandro Villa
Música: BABYKATZE
Elenco: Esther Latorre e Hugo Pereira
Técnico en xira: Jaume Blai
Vídeo: Adrián González e Dani Rodríguez
Fotografía: Carlota Mosquera
Deseño de imaxe: Marcia Vázquez

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais-Agadic.
Co apoio de Teatro Ensalle, Galicia Danza Contemporánea, Ministerio de Cultura · Gobierno de España, Concello de Lugo e coa colaboración de Escola Palimoco.

Todos os públicos
Danza contemporánea
60 minutos

Descargas Enlaces

Crítica Artezblai
Critica ERREGUETÉ