As Fillas Bravas son tres pandeireteiras que cantan coplas e contan contos, escoitados ou inventados, con moita retranca e non menos sabedoría.

Nesta nova obra, As Fillas Bravas usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para artellar a súa singular conversa cantada.

As Fillas Bravas e o mito de Casandra é unha obra na que tres mulleres maiores tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando os saberes e a experiencia dunha vida longa no rural. Tamén é un espectáculo con perspectiva de xénero á procura de personaxes femininas empoderadas, colocando o foco nunha muller afirmativa, autónoma, creativa e implicada na colectividade.

Chévere é unha compañía de axitación teatral, nacida hai máis de 30 anos, que mantén unha proposta escénica tan irreverente como xenuína. En 2014 recibiu o Premio Nacional de Teatro.

Chévere conta cun núcleo artístico estable (Miguel de Lira, Xesús Ron e Patricia de Lorenzo) e unha ampla rede de colaboradores.

Usando o humor como filosofía e a risa como expresión, as súas obras abordan os debates do presente, que documentan escenicamente cunha linguaxe contemporánea, accesible a públicos diversos. Son exemplos disto Curva España (2019), Eroski Paraíso (2016), Testosterona (2009), triloxía Citizen (2010-2011), Eurozone (2013), Ultranoite no País dos Ananos (2014) e As Fillas Bravas (2015/2020).

Contratación

Patricia de Lorenzo
628 474 557
info@grupochevere.eu
www.grupochevere.eu

Xoves 10 San Domingos de Bonaval 16 h

En escena: Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar
Idea e creación: Chévere
Dramaturxia e dirección: Xron
Escrita: Manuel Cortés
Adestramento musical: Inés Portela
Gráfica: Yoseba MP
Vídeo: Lucía Estévez e Leticia T. Blanco
Fotografía: Leticia T. Blanco
Vestiario: Chévere / Maribel Gómez
Asesoramento lingüístico: Rosa Moledo

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais-Agadic

Todos os públicos
Teatro
60 minutos

Descargas Enlaces

Web
Vídeo