Réquiem Rotura Producciones
mércores 12 Fundación SGAE Sala 2, 12.30 h

Naqueles días de hospital, a meu pai e a min caeunos a máscara de pai e filla coa que ata entón nos relacionaramos. Atopámonos espidos fronte a fronte, corazón a corazón, compartindo profundas reflexións, lembranzas, chistes, cancións, miserias, dores e desesperacións.

Nas situacións límite os seres humanos somos quen de ter un encontro moi especial. Pero para iso precisamos abandonar o papel que a cada un nos toca representar, deixar de ser quen somos ou quen cremos que somos. As fronteiras, entón, entre o que un e o outro son comezan, así, a confundirse; a liña entre o que é dar e recibir dilúese tamén.

O tránsito de meu pai cara á morte proporcionoume o encontro máis forte que levo tivo ata a data cun ser humano. Sorprendentemente, o marco dunha situación dolorosa pode ser precisamente o que che brinde as cousas máis fermosas da túa vida.

 

Interpretación: Ester Bellver
Autoría: Ester Bellver
Escenografía e vestiario: Rotura Producciones
Realización de vestiario: Elena González, El Arte del Arreglo e Loreto Cascales
Cartel: Tomi Osuna
Fotos: Tomi Osuna e Rosa Herrera
Vídeo: Paz Producciones
Sonido: Javier Almela
Profesor acordeón: Mario Torres
Deseño de iluminación: Juan Gómez-Cornejo
Técnica de iluminación: Rosa María Herrera Puebla
Prensa: María Díaz
Producción e distribución: Rotura Producciones
Dirección: Ester Bellver
Agradecementos: Réquiem contou co apoio da Plataforma de Proxectos Guindalera, que acolleu en residencia o proceso de ensaios.

Adulto
Teatro
80 minutos

En 2008, Ester Bellver, tras 30 anos de traxectoria profesional como actriz, inicia, baixo o seudónimo de Rotura Producciones, a súa andaina como empresaria e produtora como resposta á necesidade de producir as súas propias creacións que lle permitan explorar o teatro baixo un criterio persoal.

O primeiro proxecto parte dun texto de Ester Bellver titulado ProtAgonizo, que supera as 150 representacións. Estreado en 2009, e tras un amplo e exitoso percorrido por diferentes salas alternativas de Madrid, saltou ao Centro Dramático Nacional, onde prorrogou as actuacións polo éxito acadado. Presentouse na Feria de Madrid (Madferia) e é Espectáculo Recomendado pola Red Nacional de Teatros.

En 2012 estréase Todas a la una. Nesta ocasión Ester Bellver elabora a dramaturxia a partir dunha selección de textos de Agustín García Calvo para ser interpretados en forma de monólogo por ela mesma.  E en 2017 estrea Réquiem no Corral de Comedias de Alcalá de Henares, brindando un sentido homenaxe a seu pai, recentemente falecido.

Contratación

Ester Bellver
646 351 465
esterbellver@gmail.com
http://requiemrotura.blogspot.com