Pink Unicorns La Macana
mércores 12 Teatro Principal 19.30 h

O punto de partida da nova creación de La Macana en colaboración con Samir Akika é un reto, o de poñer en escena a un pai co seu fillo adolescente. O primeiro, un galego de orixe cubana que na súa ampla experiencia como bailarín nunca tivo que enfrontarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis cercano. Pola outra banda, un espléndido, atlético e creativo rapaz de catorce anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva “millennial”co seu querido pai.

Dirección: Caterina Varela, Alexis Fernández e Samir Akika
Escenografía: Tilo Schreieck
Iluminación: Afonso Castro
Elenco: Alexis Fernández e Paulo Fernández

Espectáculo coproducido por La Macana e o Centro Coreográfico Galego (Agadic), Theater im Pumpenhaus e Theater Bremen.

Todos os públicos
Danza-teatro
70 minutos

La Macana é unha compañía de danza con base en Galicia formada en 2009 polos creadores e intérpretes Caterina Varela e Alexis Fernández. As colaboracións continuadas con outros artistas e a forte proxección internacional dos seus proxectos son dous dos piares fundamentais sobre os que se constrúe o seu proxecto. As súas creacións foron premiadas en distintas ocasións e puideron presentarse en máis de vinte países mantendo vínculos de coprodución con distintos centros de creación e teatros europeos.

Contratación

Caterina Varela
670 279 805
info@lamacana.es
www.lamacana.es