OhLimpiadas! Cía. Sincronacidas
luns 10 Praza da Quintana 18.30 h

Proposta fresca e divertida na que dúas limpadoras ven como a súa rutina é retransmitida como se dunha competición olímpica se tratase. O cotián narrado como se estivesen no Tour de Francia ou nos mundiais de natación sincronizada para construír un mundo absurdo e disparatado.

O espectáculo conta, ademais, coa voz en off de Julia Luna, comentarista habitual dos mundiais de natación e dos Xogos Olímpicos de TVE.

Estas situacións cobran vida grazas á combinación de técnicas como a danza, os portés acrobáticos e, por suposto, todo regado cunha boa dose de humor que dá soporte a este mundo de disparate que construímos para o deleite de todos os públicos.

Espectáculo gañador do Premio Fetén ao mellor espectáculo de rúa 2019.

Autoría: Greta Marí e Mónica Suárez
Dirección: Javier Ariza
Adaptación: Javier Ariza
Iluminación: Sara Martínez
Son: Sara Martínez
Vestiario: Carmen Hortas
Elenco: Greta Marí e Mónica Suárez

Todos os públicos
Teatro de rúa
50 minutos

Sincronacidas é unha compañía galega formada por Mónica Suárez e Greta Marí no ano 2018. As súas producións caracterízanse por ter o humor como eixe principal e por fusionarse con outras disciplinas, como o circo e a danza.

O seu primeiro espectáculo, Premio Fetén 2019 ao mellor espectáculo de rúa, é Ohlimpiadas, que contou co apoio do Festival Circada 2018.

Contratación

Belém Brandido / Pistacatro (en Galicia e Portugal)
627 778 351
distribucion@pistacatro.com
https://www.sincronacidas.com/