O empapelado amarelo A Quinta do Cuadrante
mércores 12 Salón Teatro 22.30 h

O empapelado amarelo é un espectáculo unipersoal baseado no relato autobiográfico homónimo da escritora Charlotte Perkins Gilman, un referente feminista na literatura universal que pon en cuestión as estruturas heteropatriarcais que perviven na nosa sociedade.

Desde A Quinta do Cuadrante eliximos esta historia como punto de partida para a creación dun espectáculo que dialogue, desde o noso século XXI, coas palabras da autora, reflexionando escenicamente sobre a necesidade de continuar, 150 anos despois da súa publicación, coa loita incesante pola liberdade da muller e pola defensa da creatividade e a imaxinación como elementos indispensables para a construción dunha personalidade completa.

Autoría: Charlotte Perkins Gilman
Dirección: Tito Asorey
Adaptación: Tito Asorey e Melania Cruz
Escenografía: Laura Iturralde
Iluminación: Laura Iturralde
Son: Xavier Bértolo
Vestiario: Renata Uzal
Música: Xavier Bértolo
Axudantía de dirección e imaxe gráfica: Lucía Estévez
Elenco: Melania Cruz

Adulto
Teatro
60 minutos

A Quinta do Cuadrante é o novo proxecto dos creadores escénicos Melania Cruz e Tito Asorey. Tras ser cofundadores da compañía ilMaquinario Teatro e participar ambos os dous en numerosos proxectos con colectivos de todo o país, deciden neste ano 2019 crear esta nova plataforma desde a que seguir experimentando, explorando, traballando e ideando espectáculos.

A Quinta do Cuadrante nace como fogar teatral, como espazo de investigación, como lugar ao que retornar doutras experiencias que nos nutren, co obxectivo de poñer en pé espectáculos de diversos formatos nos que dialoguen diferentes disciplinas artísticas. Un espazo aberto desde onde poder traballar con diferentes creadoras e creadores dun xeito que prime a horizontalidade e a confluencia.

Contratación

Melania Cruz / Tito Asorey
652 015 580 / 639 844 226
aquintadocuadrante@gmail.com
www.aquintadocuadrante.com