Liberto Marelas Producións
luns 10 Fundación SGAE Sala 2, 16.30 h

Cando nace Liberto, a vida de Ada frea en seco. Desde unha sala de espera vivirá a experiencia máis determinante da súa vida.

Liberto é un canto á vida desde a primeira persoa interpelando directamente o público. Unha reivindicación do imperfecto, do humano. Un texto e unha proposta formal que falan da vida, do sensorial e instintivo.  Un espectáculo que revisa os límites socialmente acordados. Un relato honesto de como xestionar a dor e de como seguir avanzando. Un proceso pegado ao primitivo, á conexión co noso animal, e por iso, contra todo pronóstico, cheo de vitalidade

Autoría: Gemma Brió
Dirección e adaptación: Tamara Canosa
Tradución: María Vázquez e Tamara Canosa
Escenografía e iluminación: J.M. Faro “Coti”
Son: Jas Processor
Música orixinal: Lucía Aldao
Coreografía: Rut Balbís
Elenco: Rocío González, Cris Iglesias e Lucía Aldao

Adulto
Teatro
80 minutos

Marelas Producións é unha compañía de recente creación encabezada pola produtora Luisa Romeo e a actriz Tamara Canosa. Cada unha delas suma máis de vinte anos de experiencia profesional no eido cultural e Liberto é a súa carta de presentación teatral.

Marelas xorde do interese por explorar e visibilizar relatos infrarrepresentados, por atender as partes do relato que quedan por contar, por reinvindicar. Unha compañía interesada no teatro social como espazo de reflexión e coa vocación de explorar as infinitas posibilidades estéticas do teatro.

Contratación

Tamara Canosa
627 310 083
marelasteatro@gmail.com
www.marelas.com