Idiota Redrum Teatro
xoves 13 Auditorio ABANCA 17.30 h

Un home preséntase a unhas probas psicolóxicas remuneradas. O que pensa que será unha maneira sinxela de conseguir os cartos que precisa para resolver os seus problemas económicos converterase nunha auténtica trampa. Unha atractiva psicóloga formularalle preguntas e enigmas que o porán nervioso, obrigándoo a sacar o mellor del para evitar un fatal desenlace.

Un xogo negro, divertido e cheo de suspense que levará o protagonista ao límite da súa paciencia e razón. Un xogo tamén para o espectador, que deberá resolver os diferentes obstáculos, xunto con Carlos, desde a súa propia butaca.

Autoría: Jordi Casanovas
Dirección: Álex Sampayo
Tradución: Álex Sampayo
Escenografía: Redrum Teatro
Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Son: Álex Sampayo
Vestiario: Guillermo Carbajo
Elenco: Machi Salgado e Susana Sampedro

Adulto
Teatro
70 minutos

Redrum Teatro somos unha empresa cultural dedicada á produción e distribución de espectáculos teatrais e á edición de libros constituída no ano 2009. Desde a nosa fundación non paramos de producir espectáculos de diferentes formatos sempre cun coidado concepto estético e artístico como selo persoal da compañía.

Espectáculos: A Pensión (2009), Moito conto (2011), Curriculum Vitae (2012), Amor flexible (2013), Roedores (2014), Noiteboa (2015), A nena que quería navegar (2016), A canción do elefante (2017), Estás aí? (2018), Contos do recreo (2018), Invisibles (2018).

Contratación

Guillermo Carbajo
617 334 627
redrumteatro@gmail.com
www.redrumteatro.com/idiota