Femmes Hortzmuga Teatroa
martes 11 Praza de Cervantes 17.30 h

“Se a vida vos dá as costas, tocádelle o cu”. Esa foi a última frase de Reme antes de morrer. Xa só quedaban tres. Tres amigas, anciás, heroínas do día a día, que a partir dese momento quixeron honrar a súa amiga e aproveitar o tempo para lle amosar ao mundo o que son, o quixeron ser e nunca foron. É o momento de espertar e actuar.

Femmes, un canto reivindicativo de tres octoxenarias que afrontan a morte e se ríen da vida, con ironía, moito humor e un chisco de mal xenio. Mulleres loitadoras, que saen á rúa para provocar o mundo con métodos absurdos e protestas extremadamente disparatadas.

Femmes, espectáculo de rúa, clown, itinerante, sen texto, pensado para intervir no espazo público, que busca a participación activa do público como personaxes nunha historia que será diferente en cada función.

Autoría: Hortzmuga Teatroa
Dirección de escena: Gorka Ganso e Txubio Fernández de Jáuregui
Atrezo: Iñaki Aginaga
Vestiario: Azegine Urigoitia
Elenco: Arantza Goikoetxea, Begoña Krego e Alex Antunez

Todos os públicos
Teatro de rúa
60 minutos

Hortzmuga Teatroa é unha compañía de teatro de rúa vasca que botou a andar en 1989. Logo de 30 anos de traxectoria teatral, e cunha trintena de producións e grandes eventos realizados, Hortzmuga Teatroa pretende construír un teatro que faga mover as tripas, de crítica e análise do contexto social, que sorprenda e invite a reflexionar, que axite as conciencias dos espectadores espertando a súa curiosidade, que emocione a ese público que, cremos, mira con intención de ter unha experiencia transformadora.

Cada proxecto significa unha nova viaxe na que nos acompaña xente artesá que fai música, que constrúe escenografías, que escribe textos, que idea formas e maneiras, que representa personaxes, que debuxa con luces, que fabrica sons; que conta historias para a rúa, en definitiva.

Contratación

Álex Antúnez
697 894 074
info@hortzmuga.com
http://hortzmuga.com