Estrea
Evolution Compañía N+1
mércores 12 Auditorio ABANCA 17.30 h

O circo, a danza e o teatro serán o lenzo para debuxar a historia da humanidade sobre o noso planeta: a súa violenta infancia no espazo, unha madurez viva e relativamente equilibrada, o seu porvir incerto. Tres actos dunha aventura axitada que podería transformarse en traxedia a menos que aprendamos a facernos cargo do seu destino.

Evolution é a obra máis ambiciosa de Alfredo Muíño, unha peza que leva perfeccionando no tempo todos estes anos e que por fin sae á luz.

Autoría: Alfredo Muíño
Dirección: Pablo Sánchez
Coreografía: Bárbara Monteagudo
Deseño de iluminación: Alfonso Castro
Deseño de espazo sonoro: Pedro Lamas
Deseño de vestiario: Sigrid Blanco
Elenco: Alfredo Muíño

Todos os públicos
Teatro, circo e danza
60 minutos

Alfredo Muíño, licenciado en Educación Física e Deporte, cursa os seus estudos como especialista en Técnicas Circenses en Madrid, Bos Aires, Río de Xaneiro e na Habana con mestres como Michelle Dallaire, Thomas Liebhart, Carlo Colombaioni, Eric de Bont, Josep Collard, Nola Rae… Ademais do seu traballo en solitario, forma parte de compañías como Elefante

Elegante, Lusco e Fusco ou Chipolatas en condición de actor, bailarín e acróbata.

Na súa traxectoria profesional figuran destinos nos cinco continentes. A Arxentina, O Brasil, México, Inglaterra, Holanda, Palestina, India, China ou Xapón son algúns dos países polos que pasou partillando o seu particular xeito de entender as artes escénicas.

Contratación

Ángela Vila – Urdime
698 132 395 / 981 937 434
distribucion@urdime.net
https://urdime.gal/project/involucion/

Descargas Enlaces

Vídeo