El inolvidable viaje de Nana Café de las Artes Teatro
martes 11 Fundación SGAE Sala 2, 11 h

Nana está embarazada e pouco a pouco descobre como o seu corpo comeza a cambiar para nunca volver a ser un, senón dous. Nana ten a sensación de ter subido a un globo aerostático e camiñar polo aire durante nove meses. E máis. O seu bebé nacerá, farase neno, adulto novo e pai.

A inesquecible viaxe de Nana, unha viaxe en globo que sobrevoa o terreo insondable do ciclo da vida.

Concepción, dirección e interpretación: Alicia Trueba Toca
Asesoramento na posta en escena: Lucrezia Maimone e Cristian Londoño
Coreografía: Lucrezia Maimone
Ilustracións: Lucrezia Maimone
Composición musical: Cristian Londoño
Creación audiovisual: Yann Loïc Lambert
Deseño de iluminación: Flavia Mayans de la Morena
Escenografía e atrezo: Café de las Artes Teatro
Vestiario: Alicia Trueba
Produción: Café de las Artes Teatro
Distribución: a+ soluciones culturales

Infantil, de 3 a 6 anos
Teatro
40 minutos

Café de las Artes Teatro (CdAT) é una compañía estable que leva realizado máis de dez creacións nos últimos oito anos. O seu traballo identifícase por crear espectáculos íntimos e próximos, construíndo imaxinarios que rachan co cotián. Todas as súas pezas constrúen maneiras diferentes de abordar unha comunicación aberta e sinxela directamente en conexión coa parte sensible do espectador. Partindo de sólidas bases de circo e teatro xestual, a compañía do CdAT explora outras linguaxes escénicas como a música en directo, o teatro de obxectos e marionetas, a danza e o teatro de sombras. Entre o delicado e o sedutor, o que se ve e o que se intúe, o CdAT sempre atopa un xeito de construír un recordo para cada persoa do público.

Contratación

Ángeles González (a+ soluciones culturales)
622 808 292
angeles.gonzalez@a-mas.net
https://cdat.es/compania_teatro/