Dúas donas que bailan Teatro do Atlántico
martes 11 Teatro Principal 19.30 h

Carme soña cunha viaxe a París e con rematar unha colección de tebeos da infancia, e resístese a abandonar o piso no que habita malia as presións dos fillos e do dono da casa, que teñen outros plans para a vivenda. A filla contrata unha muller que lle vaia facer os labores domésticos á nai dúas veces por semana.  A muller contratada é unha profesora de Lingua e Literatura obrigada polas circunstancias a aceptar o traballo. A súa presenza non é ben recibida, e cada xornada convértese nun inquietante e por veces cómico “toma e daca”.

Unha viaxe intensa, plena de beleza dramática, e iluminada pola inmensa humanidade que dúas mulleres agochan baixo a férrea armadura de ironía e dureza coa que intentan defenderse dos implacables embates da sociedade na que lles toca vivir.

Autoría: Josep M. Benet i Jornet
Dirección: Xúlio Lago
Tradución: Aleixandre Lago
Escenografía: Antonio Simón
Iluminación: Xúlio Lago e Antonio Simón
Vestiario: Susa Porto
Música: escolma de Esther Carrodeguas
Elenco: María Barcala e Mª. Ángeles Iglesias

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais-Agadic

Adulto
Teatro
80 minutos

Desde 1985, Teatro do Atlántico leva realizadas 33 producións, entre elas: Casa de Bonecas, A noite das Tríbades, Amor de don Perlimplín, O cerco de Leningrado, Unha primavera para Aldara, O encoro, A raíña da beleza de Leenane, Memoria de Helena e María, O principio de Arquímedes ou Helena: xuízo a unha lurpia, con representacións por toda Galicia e xiras por diversas autonomías do Estado e numerosos festivais nacionais e internacionais: FIT de Cádiz, FITEI do Porto, FIOT de Carballo, MITEU de Ourense; Latinoamericano de Córdoba (A Arxentina), Internacional de Caracas (Venezuela), MIT de Ribadavia, FESTEIXO de Viana do Castelo, Mostra de Cangas, Festival de Cee, Mostra de Cariño, ou Muestra de las Autonomías Villa de Madrid.

A compañía foi distinguida co Premio da Crítica de Galicia 2016 no apartado de artes escénicas.

Contratación

María Barcala
618 256 424
teatrodoatlantico@yahoo.es
www.teatrodoatlantico.com