Despois das ondas ButacaZero
luns 10 Teatro Principal 20 h

Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral.

A nena medrou para converterse na grande actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria a axudarán a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María?

Nesta peza, que mestura cine en directo, teatro e música, poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.

Autoría: Ernesto Is
Dirección: Xavier Castiñeira
Adaptación: Xavier Castiñeira e Ernesto Is
Cinema en directo: Roi Fernández (Sr. Pause Cinescapismo)
Coreografía: Sonsoles Cordón
Espazo escénico: Beatriz de Vega
Iluminación: Javier Quintana
Espazo sonoro: Ernesto Is
Vestiario: Carlos Pinilla
Elenco: Belén Constenla, Nerea Brey e Sonsoles Cordón
Produción e distribución: Esther F. Carrodeguas

Unha produción da Deputación da Coruña e ButacaZero.
XXIII Premio “Rafael Dieste” de Textos Teatrais 2017 da Deputación da Coruña

Adulto
Teatro
80 minutos

Compromiso co aquí, co agora. ButacaZero é a plataforma creativa de Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas, que propoñen un teatro que dialoga co mundo actual. A investigación e a reflexión desde un ollar crítico e irónico definen as súas propostas nas que a tradición teatral se mestura coas posibilidades do audiovisual en escena.

Déronse a coñecer en 2016 con Voaxa e Carmín, en coprodución coa Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e Eme2, levando a escena a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart. En 2017 estrean Na butaca, unha peza sobre o esquecemento. En 2018 nace #camiños, en coprodución co CDG, unha brutal experiencia teatral sobre a nosa terra: Galicia.

Neste 2019 estrean xunto á Deputación da Coruña Despois das ondas, afondando nas lembranzas vitais, políticas e artísticas da gran diva María Casares.

Contratación

Esther F. Carrodeguas
629 694 432
distribucion@butacazero.net
butacazero.net