Estrea
Circopeta Odaiko
mércores 12 Fundación SGAE Sala Germán Coppini, 11 h

Espectáculo musical-teatral con presenza do mundo circense.

O entrañable Ruliño (personaxe da obra de Neira Vilas) amósanos o mundo do circo rural na compañía dos intrépidos percusionistas de Odaiko. Un espectáculo que traslada o público a outros tempos nos que o rural galego se vía impregnado pola maxia do circo de cando en vez.

O clown e os gags teatrais farán as delicias do público e arrincaranlle enormes gargalladas.

Autoría: Odaiko
Dirección: Juan Collazo
Escenografía: Odaiko
Iluminación: Pepe Varela
Son: Adrián Saavedra
Vestiario: Paula Rivela
Música: Sergio Sande, Antonio Ocampo e Juan Collazo
Elenco: Sergio Sande, Antonio Ocampo, Juan Collazo e Pablo Trasno

Infantil e familiar
Teatro, música e circo
55 minutos

Odaiko está integrada por percusionistas multidisciplinares. Para coñecer a orixe da compañía debemos remontarnos a 2002 e a Holanda, e é en 2004 cando sacan á luz o primeiro proxecto, Galician on Board.

A formación nace a raíz de numerosas colaboracións en festivais como o Steve Reich Festival (Holanda), o Stok Leuven Contemporain Festival (Bélxica) ou a Convención Internacional de Percusión de Taipei.

A proposta artística do grupo céntrase na exploración da música en relación con gags teatrais, cun humor por veces absurdo e empregando instrumentos feitos a man, simples obxectos cotiáns ou percutindo o propio corpo.

Odaiko produce as súas músicas e espectáculos. Así mesmo, é a entidade que organiza o Festival Internacional de Percusión, que se realiza en agosto nos Pendellos de Agolada.

Contratación

Paula Rivela
606 002 108 / 609 106 652
odaikocontratacion@gmail.com
http://odaiko.es

Descargas Enlaces

Vídeo