Bernarda Malasombra Producións
xoves 13 Teatro Principal 19.30 h

1975. Unha vila de Galicia. Bernarda queda viúva o mesmo día da morte de Franco. Quédanlle dúas fillas mozas. Bernarda decreta o estado de loito. Durante dous anos non poden ver a televisión, nin escoitar a radio, nin ir a ningunha verbena. Fóra, a sociedade da transición está cambiando. Bernarda non entende a música yeyé, as minisaias, os guateques, nin ningunha das novas modas da xuventude da época. Dentro, Bernarda fai todo o posible para que eses cambios non entren na súa casa.

Bernarda é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso contorno alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior.

Autoría: Jose Prieto
Dirección: Jose Prieto
Escenografía: Kukas
Iluminación: Xoque Carbajal
Son: Malasombra
Vestiario: Malasombra

Adulto
Teatro
75 minutos

Malasombra Producións foi fundada no ano 2006 polo actor Xoque Carbajal. Hoxe, despois dunha década, afianzamos un proxecto empresarial que non só xera cultura e ilusión, senón tamén postos de traballo, converténdose nunha das compañías con máis distribución en Galicia.

Contratación

Xoque Carbajal
696 462 929
xoquecarbajal@gmail.com
www.malasombra.gal

Descargas