Mai Mai Baobab Teatro
Luns 10 Salón Teatro 11 h

Mai Mai é a historia do último oso panda do planeta e a súa loita por sobrevivir. A falta de comida e os problemas ocasionados polo quecemento global fan difícil a supervivencia desta especie. Unha muller forte e emprendedora e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas que solventar…

Unha historia tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a cobiza, o éxito e a concienciación medioambiental. Unha historia que fala de revolución, que plasma o empoderamento da muller e que nos fará meditar sobre o que estamos a facer con nós e co noso planeta.

Autoría: Andrea Bayer
Dirección: Andrea Bayer e Óscar Ferreira
Escenografía: Óscar Ferreira
Iluminación: Daniel Abalo
Son: Daniel Abalo
Vestiario: Óscar Ferreira
Monicreques: Óscar Ferreira e José Manuel Vidal
Música nana: Davide González
Voz nena: Sofía Fernández
Proxección audiovisual: Ana Tasende
Elenco: Xosé Manuel Esperante, Andrea Bayer e Óscar Ferreira
Distribución: Culturactiva e Baobab Teatro

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais – Agadic

A partir de 5 anos
Teatro
50 minutos

Baobab Teatro somos unha compañía especializada en teatro para nenos e nenas que nace en 2011 da man de Andrea Bayer e Óscar Ferreira. Temos unha filosofía, crear espectáculos de máxima calidade, apostando por unha forte poética e a lingua galega.

Ao longo destes anos fomos recollendo recoñecementos e premios polos nosos diferentes espectáculos: mención de honra no III certame literario “Cuento en Corto” (2012), nomeamento aos Premios Max na categoría de mellor autoría teatral galega (2013), Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (2014), Premio mellor espectáculo para público infantil e familiar na XVIII Feria de Castilla y León (2015), candidatura aos premios MAX (2016), nomeamento aos María Casares (2018).

 

Contratación

Nacho Fungueiriño / Óscar Ferreira
981 582 836
699 783 168
info@culturactiva.org
contacto@baobabteatro.com
www.culturactiva.org
www. baobabteatro.com

Web espectáculo