Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos! Avento Producións Teatrais
LUNS 10 Fundación SGAE Sala Germán Coppini, 13 h

A pastelaría de Dona Remedios está pasando por un mal momento xa que a súa encargada, Ana, só sabe facer boliños de crema. A única solución que a Señora Remedios ve posible para salvar o negocio é contratar un novo axudante, Lito, que irrompe na pastelaría montado no seu patinete e cargado de novas ideas e receitas que porá en dúbida a parte máis tradicional e racional da repostaría de Ana.

Autoría: Martín Maez
Dirección: Xoán Abreu
Escenografía: José Faro “Coti”
Iluminación: Javier Quintana
Son: Javier Quintana
Vestiario: Avento Producións
Música: Avento Producións
Elenco: Martín Maez e Rocío Salgado

Público familiar
Teatro musical
50 minutos

Teatro Avento Producións é unha compañía teatral galega que comezou a súa andaina na especialidade de teatro musical en Galicia en 2013. Desde que comezamos, fixemos espectáculos como O Mago de Oz, Hansel e Gretel, Fantasticks, Aladino e a lámpada marabillosa e, de recente estrea, Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos! Iso si, sempre como espectáculos musicais. Encántanos divertir os máis pequenos e poder xerar público xa desde cativos.

Contratación

Rocío Salgado
627 165 468
aventoproducions@gmail.com
http://www.teatroavento.com/