As vacacións máis longas Diego M. Buceta
martes 11 Salón Teatro 22.30 h

– acerca das miñas vacacións –

Igual que Allen soñaba con Rockland e cunha longa viaxe por mar ata a porta da súa casa de campo na noite de Occidente, eu soño con chegar despois dunha longa travesía ata esa paisaxe rochosa onde xa non soa máis que o zoar do vento. Un saco de ósos que vaga arrastrado como un cadáver vivo e busca elevarse e desaparecer, mesturándose co po e as estrelas.

E así deixar de ser algo. E así ser felizmente parte de todo.

Creación e interpretación: Diego M. Buceta
Iluminación: Laura Iturralde
Fotografía: Laura Iturralde
Rexistro de vídeo: Laura Iturralde e Eva Viera
Vestiario: Diego M. Buceta
Música: cantos de escravos e A Silver Mt Zion
Agradecementos: colectivo RPM, Agadic e Teatro Ensalle

Adulto
Danza contemporánea / artes do corpo
50 minutos

Son Diego M. Buceta. Encantado de coñecerte.

Son bailarín e creador, e a miña maior aventura é a investigación do corpo e a súa viaxe. De aquí a cousa de tomarme estas vacacións.

Tiven a fortuna de bailar con creadores e compañías como Sharon Fridman, Álvaro Frutos, Tino Sehgal, La Coja Dansa, Olga Cameselle, Jorge Crecis, La Imperfecta e Xarope Tulú, entre outros. Na actualidade Belén Bouzas, Fran Martínez e mais eu bailamos xuntos baixo o nome de Prácido Domingo. Non hai que ser una casa para ter pantasmas foi recoñecido co 1º premio Xuventude Crea 2017 e co Premio da Crítica no Certame Coreográfico de Madrid 2018.

As vacacións máis longas é o meu primeiro traballo en solitario, estreado en xuño de 2018 no Teatro Ensalle (Vigo) e recoñecido co premio á mellor interpretación no Certame M2 (Festival FIOT, Carballo) 2018.

Contratación

Diego M. Buceta
636 325 827
diego.martinez.buceta@gmail.com
https://www.manulago.com/diego-m-buceta-gal
http://pracidodomingo.com/