A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza A Xanela do Maxín
xoves 13 Fundación SGAE Sala Germán Coppini, 11 h

A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando –moi indignada– cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre… acompañada do granxeiro e dunha rapaza recentemente chegada da cidade, que a queren axudar.

Unha obra moi participativa, simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaticen coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, non obstante, non sempre aparece en escena.

Autoría: Werner Holzwarth
Dirección: Celtia Figueiras
Adaptación: Celtia Figueiras
Escenografía: Benito Figueiras
Son e iluminación: Luis Vallecillo
Monicreques: Marcelo P. Fernández
Música: Pablo P. Sanmamed
Elenco: Celtia Figueiras, Luis Vallecillo e Pablo P. Sanmamed

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais-Agadic

Familiar
Teatro de monicreques e música en vivo
45 minutos

A Xanela do Maxín é unha compañía de monicreques que comeza a súa andaina en 2007. A día de hoxe leva estreadas 16 producións escénicas dirixidas ao público infantil e xuvenil, coas que teñen asistido a numerosos festivais tanto estatais coma internacionais, e participado en diferentes circuítos culturais, como a Rede Galega de Teatros e Auditorios, a Rede Galega de Salas, a Rede Cultural da Deputación da Coruña, a Rede de Auditorios da Deputación de Ourense, Ler Conta Moito, a Rede de Teatros e Auditorios de Castela e León, o Circuíto de Artes Escénicas e Musicais de Aragón, o Circuíto de Teatro de Asturias… En 2018, ademais, publícase a súa obra Ula Lúa? co selo Guindastre Edicións.

Contratación

Celtia Figueiras Rama
635 364 587
info@axaneladomaxin.com
http://www.axaneladomaxin.com/