A Gala Licenciada Sotelo
luns 10 Salón Teatro 22.30 h

Peza de danza-teatro cun equipo artístico e técnico composto por mulleres creativas e libres que toman como inspiración a figura e obra da grande artista Maruja Mallo.

A Gala nace coa vontade de recoñecer e dar a coñecer esta pintora compoñente do movemento de Las Sinsombrero, que abrangue as mulleres da Xeración do 27, esa fracción da Xeración do 27 que non aparecía nos libros de texto cando nós estudabamos.

O punto de partida é a gala de conmemoración dos 117 anos do nacemento da artista Maruja Mallo (e 24 anos despois da súa morte). A partir de aí, as tres intérpretes viaxan co seu corpo, movemento e voz a través do universo artístico e vital da pintora e dos seus propios, establecendo puntos de conexión entre tempos e espazos aparentemente afastados.

Autoría: Cris Vilariño, Nuria Sotelo, Andrea Quintana e Rebeca Carrera
Coreografía: Rebeca Carrera, Andrea Quintana, Nuria Sotelo e Cris Vilariño
Dramaturxia: Andrea Quintana
Escenografía: Cris Vilariño
Iluminación: Laura Iturralde e Dell Ruiz
Vestiario: Licenciada Sotelo
Espazo sonoro: Mounqup
Elenco: Cris Vilariño, Nuria Sotelo e Rebeca Carrera
Colaboran: Agadic, Concello de Allariz, Concello de Oleiros, A Casa Vella, Saumede, Tics Espazo de Formación

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais – Agadic

Adulto
Danza teatro
60 minutos

Licenciada Sotelo aparece en 2010 como contedor dos traballos promovidos por Nuria Sotelo, nunha busca dunha linguaxe escénica ecléctica e multidisciplinar que vai evolucionando en cada produción.

En 2010, froito do encontro de Nuria coa directora Ana Vallés, nace o solo de danza Métanse nos seus asuntos. En 2012, baixo esta mesma colaboración, aparece Usted está aquí xunto co bailarín Natxo Montero.

A partir deste momento, Nuria comeza a dirixir as pezas da compañía en colaboración con artistas de diferentes áreas: Estado de gracia coa cantante Mouncoup; Silencio por favor con Mounqup, a cellista Macarena Montesinos, a bailarina Rut Balbís e a artista multimedia Marta Verde; Ensaio amor con Macarena Montesinos, a bailarina Clara Ferrao e a filla de Nuria, Lena Vilanova; e Incerteza con Cris Vilariño.

A última peza da compañía é A Gala, na que se volve contar con Mounqup e as bailarinas Cris Vilariño, Rebeca Carrera e Andrea Quintana.

Contratación

Nuria Sotelo
657 278 320
licenciada.sotelo@gmail.com
https://licenciadasotelo.wordpress.com/