A compañeira de piso Contraproducións
xoves 13 Salón Teatro 22.30 h

Sharon (Patricia Vázquez), unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn (Rebeca Montero) para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx… Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida.

Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.

Autoría: Jen Silverman
Dirección: Belén Pichel e Cándido Pazó
Tradución: Lilian Portela
Escenografía: Carlos Alonso
Iluminación: Afonso Castro
Vestiario: Belén Pichel
Música: Guillerme Fernández
Elenco: Patricia Vázquez e Rebeca Montero

Espectáculo coproducido por Contraproducións e o Centro Dramático Galego (Agadic)

Adulto
Teatro
90 minutos

Contraproducións é unha empresa galega dedicada á creación e distribución de espectáculos escénicos conducida por Belén Pichel e Cándido Pazó.

Cunha vocación teatral de signo aberto, intención crítica e relación fresca e directa cun público de amplo espectro, é a plataforma que acolle a maior parte das creacións escénicas de Cándido Pazó no campo do teatro e a narración oral, aínda que dando cabida tamén a outras figuras da dirección escénica ou a escritura teatral, así como a coproducións ou colaboracións con outras estruturas.

Contratación

Lilian Portela
610 106 808
contra.compostela@gmail.com
www.contraproducions.com