Concerto singular (e plural) Píscore
Martes 13 de xuño | 00.00h Casa das Crechas

Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un gran conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.

Dirección: Fran Rei
Elenco: Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas

Todos os públicos | Musicomedia | 55 minutos

Píscore é unha compañía de nova creación que chega para aportar música e humor á escena galega. Na mellor tradición das compañías que mesturan a excelencia musical co humor, Píscore vén cubrir este oco en Galicia na liña de recoñecidas formacións estatais.

Creada en 2016 por Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas, catro músicos galegos formados cos mellores mestres galegos e internacionais, Píscore pretende mesturar a mellor música e moito humor, ritmo e comedia xestual.

Píscore é unha compañía destinada a facerse un oco a forza de orixinalidade e gargalladas.

 

Contratación

Culturactiva
981 582 836
info@culturactiva.org
Web
Vídeo