Escenarios

Salón
Teatro

Rúa Nova, 34

Situado na zona histórica de Santiago de Compostela, o Salón Teatro foi reinaugurado en 1999 tras unha intervención arquitectónica que permitiu recuperar para a escena este espazo do ano 1920, despois de dúas décadas sen representacións. Xestionado na actualidade pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic, o teatro acolle a exhibición en Compostela de todas as producións do Centro Dramático Galego —que ten aquí a súa sede—, ademais dunha programación aberta ás distintas disciplinas escénicas, á música e ao cinema. A súa capacidade é de 272 butacas.

Teatro Principal

Rúa Nova, 21

Con capacidade para 434 espectadores, o Teatro Principal atópase na mesma zona monumental compostelá e ofrece unha variada programación xestionada directamente polo Concello de Santiago, que é o seu propietario. O edificio foi construído en 1842 a partir do deseño do arquitecto Manuel de Prado y Vallo. Mais, no ano 1988, levouse a cabo unha importante reforma dirixida polos arquitectos Rafael Baltar, José A. Bartolomé, Carlos Almuíña e Gerardo Salvador.

Espacio PRO

ABANCA Obra Social
Praza de Cervantes, 19

Auditorio ABANCA

Rúa do Preguntoiro, 23

Inaugurado en setembro de 2011, ocupa o inmoble do Pazo de Ramirás e acolle un auditorio en dúas alturas cunha capacidade próxima ás 700 butacas. O novo recinto escénico da Fundación Abanca dotouse de todo o equipamento necesario para que nel teñan lugar as máis diversas manifestacións artísticas. A súa actual oferta cultural desenvolve unha programación xenérica orientada a públicos moi diferentes.

Instala a nosa web app no teu iPhone. Preme «Compartir» e despois "Engadir á pantalla de inicio"