AGADIC Xunta de Galicia

XOVES 9, 12:30h. FUNDACIÓN SGAE - SALA 2

  • Elisa e Marcela A Panadaría

    Elisa e Marcela é unha coprodución de A Panadaría co Centro Dramático Galego.

    A compañía continúa coa súa liña de creación, baseada no humor, a música e o traballo de actriz. Ademais, mantén o seu compromiso coa igualdade, formando un equipo íntegro de mulleres.

    O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Xurxo na Coruña. Para conseguir enganar ao cura e facer oficial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario. A voda e os posteriores sucesos que envolven a súa historia convértenas no primeiro matrimonio homosexual do que temos constancia en todo o Estado, mais tamén nunhas das mulleres máis transgresoras da historia de Galicia. Elisa e Marcela son un símbolo do desafío ás regras do binomio de xénero e da defensa dos dereitos das parellas lésbicas.

    Contacto

    Areta Bolado
    650 454 549 / 626 700 444
    apanadaria@hotmail.com
    Web

  • Chola; a it girl ArtesaCía

    Chola; a it girl está inspirado no formato dos shows escénicos dos youtubers para poder levar a escena a realidade dunha blogueira mediática do rural galego, e crear un espectáculo onde se mostren situacións relevantes sobre a realidade actual da muller.

    Chola, escena tras escena, irá construíndo un complexo tecido emocional a través de reflexións sobre temas vixentes, como a búsqueda da realización persoal, o descubrimiento de quen queremos ser, qué é o que representa a idea de felicidade para cada un de nós, a necesidade de conectar con outros… O obxectivo: amosar unha muller con personalidade que inconscientemente recupera o termo de “It Girl”, de Elinor Glyn; ter “iso” ter un plus de personalidade e liberada de prexuízos e dos canons de beleza, amosando a plenitude que lle proporciona ser unha muller independente.

    Unha idea orixinal inspirada na vida de moitas mulleres do rural, con profesións e personalidades fortes e cativadoras, desde unha proposta escénica que aúna o teatro, a música e a videocreación.

    Contacto

    Laura Villaverde Carrera
    679 943 801
    artesacia@gmail.com
    Web1
    Web2
    Vídeo

  • Burlesque night show Compañía Nelson Quinteiro

    Burlesque night show é unha proposta só para persoas adultas trazada como unha auténtica experiencia para o espectador, que se ve envolto nunha atmosfera sensorial que aborda os seus cinco sentidos.

    Precisamente desde o punto de vista da experiencia é desde onde a Compañía Nelson Quinteiro quere dar conta do xiro copernicano que teñen tomado as súas propostas desde a súa participación no programa G02WORK da Fundación Paideia e a Escola da Organización Industrial EOI.

    En propostas como Portamérica Circo Cabaret (Nigrán, 2016), IX Festival Galego de Cabaret (Redondela, 2016), Mercado Modernista de Cartagena 2016, Pequeno Circo de Nadal (Rianxo, 2016) ou Pequeno Circo de Entroido (A Coruña, 2017) entra en xogo un novo modelo de produción e contidos que as converten en experiencias emocionantes.

    Contacto

    Nelson Quinteiro Roa
    647 647 404
    nelson.quinteiro@gmail.com
    Web1
    Web2
    Web3
    Facebook
    Youtube
    Instagram

  • Nacidas libres Contraproducións

    Catro actrices que atravesan esas idades nas que corren o risco de desaparecer do mundo do espectáculo, fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza, xuntándose nunha aula de cultura, hai tempo pechada, dunha entidade bancaria que hai anos cambiou de nome. En vista de que non topan textos para catro mulleres, aventúranse a promovelo elas, encomendándollo a unha escritora nova que vive emigrada, partindo dunha noticia aparecida nos xornais: “A policía rescata tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago”.

    Contacto

    Belén Pichel / Lilian Portela
    605 263 755 / 610 106 808
    belenpichel@gmail.com
    Web
    Facebook

  • Os golfiños e o xigante Fantoches Baj

    Na década pasada, Bao Si Shun foi considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta, pero a verdadeira sona chegaríalle o día que conseguiu extraer, grazas ao seu longuísimo brazo, dúas boias de piscina do esófago dos golfiños, salvándoos así dunha morte certa. A noticia, publicada en todos os xornais do mundo, chamaba a atención non tanto por ter salvado os golfiños, que tamén, senón porque amosaba dun xeito moi gráfico a necesidade de aceptar, cada un de nós, a súa diferenza e de ser aceptados como somos.

    Esta fábula de superación con final feliz foi Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na súa modalidade infantil en 2016.

    Contacto

    Emi Candal – Urdime
    619 920 335 / 981 937 424
    emicandal@urdime.net
    Web

  • Casa O'Rei. Traxicomedia gastronómica Ibuprofeno Teatro

    Con Casa O’Rei, Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, despois de O furancho e de Raclette. Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico a partir do Rei Lear de W. Shakespeare, ambientado nunha típica Casa de comidas galega.

    Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez, para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobiada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

    Estrea, en marzo de 2018.

    Contacto

    Santiago Cortegoso
    986 102 832 / 696 730 037
    ibuprofenoteatro@ibuprofenoteatro.com
    Web1
    Web2

  • Este es de aire el otro de agua Kokoharuka

    Este es de aire el otro de agua é unha creación entre teatro-danza e a performance.

    Unha reflexión sobre o noso corpo de hoxe e sobre a transformación que se está producindo: de Homo sapiens a Homo dixital.

    Como nos resistimos e sucumbimos a estes cambios. Como confundimos a nosa realidade e o tempo.

    Como cambian as nosas relacións e como as nosas emocións prevalecen.

    Contacto

    Masako Hattori
    672 797 527
    masako.kokoharuka@gmail.com

  • Réquiem para un monicreque Os Monicreques de Kukas

    Segundo o xurado do XII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques edición 2016, Marcha fúnebre para un monicreque é unha peza deliciosa que, partindo dunha anécdota histórica operística, indaga con ironía na relación entre o escénico e o extraescénico. Con vontade desmitificadora, a peza procura unha homenaxe aos oficios técnicos das artes escénicas e observa o rol do espectador de xeito provocador e irreverente.

    Contacto

    Isabel Rey Pousada
    981 562 734 / 609 884 630
    monicreques@hotmail.com
    Web
    Vídeo
    Facebook1
    Facebook2

  • Aguratrat! Pérez&Fernández

    Aguratrat! é unha adaptación teatral do libro Esio Trot, de Roald Dalhl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal.

    Aguratrat! é unha fermosa historia de amor e aventuras protagonizada por dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, personaxe clave que dá título á peza.

    Aguratrat! é unha obra de teatro de actor para público familiar cunha coidada posta en escena, música orixinal, baile, maxia…, que utiliza o galego e mais o inglés no texto.

    Aguratrat! é a segunda montaxe para público familiar da compañía Pérez&Fernández, creadores de O poder de Amabel.

    Contacto

    Victoria Pérez
    657 363 735
    cia.perezyfernandez@gmail.com
    Web

  • Cranios privilexiados… ou crítica da razón perralleira Producións Teatráis Excéntricas

    É hora de pensar, non queda outra. Pero hai moitas maneiras de facelo. Está, por exemplo, a maneira correcta de pensar e, logo, a maneira perralleira, que non por ser incorrecta é menos válida. Pensamos correctamente cando deducimos que a terra xira arredor do sol. Pero pensamos de maneira perralleira cando lle botamos á culpa de todo ao goberno. E ese é o problema. A realidade non é fácil e precisa de cranios privilexiados que saiban captar a esencia da cousa e explicala claramente. Existe a maneira correcta de explicar a cousa e, logo, a maneira perralleira. Explicamos correctamente a cousa cando dicimos que todo ten unha causa. Pero explicamos a cousa de maneira perralleira cando lle botamos a culpa de todo ao goberno. Cada quen pode ter a súa opinión, pero unha cousa non quita a outra. E ese é o espectáculo. Mofa e Befa, metidos a filósofos.

    Contacto

    Rubén G. Pedrero
    618 752 105
    ruben.excentricas@gmail.com
    Web
    Facebook