Sinopse

Benvidos ao primeiro show de maxia onde o público é quen decide o guión do espectáculo. Nada está escrito nesta montaxe que se camufla baixo a parodia dun concurso televisivo onde lle daremos unha volta á maxia, unha volta á nosa ruleta. Así, o azar porá en xogo a sorte do mago.

Non haberá preguntas por resolver. Nin segundos que gañar. Os espectadores teñen o control do que sucede sobre o escenario. O mago acompáñaos nestas reviravoltas que van conducindo a maxia a un abraiante efecto final, unha derradeira sorpresa que, a medio camiño entre a realidade e a ilusión, non deixará indiferente a ninguén. Esta é unha obra de maxia infantil, só apta para nenos e nenas, aínda que xa peiteen canas.

 

Ficha técnica Infantil, de 4 a 10 anos / Maxia / 60 minutos

Autoría: Dani García e Fran Rei
Dirección: Fran Rei
Escenografía: Daniel García Cabeza
Iluminación: Daniel García Cabeza
Son: Daniel García e Fran Campos
Elenco: Dani García


Dani García

Dani García volve a estar entre nós logo dunha exitosa aventura americana con galardóns como: 1º premio Michigan Magic Day, 2º premio Close Up Contest IBM Ring de St Louis, 2º premio TAOM Texas e 3º premio en Houston.

A compañía de Dani García nace no ano 2004 e axiña se fai un oco no panorama máxico galego. Ao longo da súa breve historia crea distintos pero variados espectáculos de pequeno formato como Maxiaterapia e Acción e outros de gran formato como Da’Kara ou Symbiosis.

Dani García fórmase nas máis variadas ramas da interpretación e da escena para conseguir que as súas producións sexan obras de teatro máxicas, onde todo ten un porqué e unha lóxica que fai do ilusionismo algo cotián.

Nos últimos tempos o seu traballo camiña cara a un lado físico e corporal, como no citado espectáculo Da’Kara ou no seu penúltimo traballo, Don Gelati. Ademais de ir gañando un bo número de premios nas súas estadías en USA, acaba de estrear o seu novo espectáculo, Volta á maxia.


Contratación

Nacho Fungueiriño
981 582 836 / 600 304 613
info@culturactiva.org

www.culturactiva.org

Descargas